CONTRATO - Por Diego R. Piñón
Fecha Lunes, 16 mayo a las 08:36:48
Tema PHP-Nuke


Un artigo de opinión de Diego Rodriguez Piñón publicado no xornal "Diario de Ferrol ".

" A Asociación de nais e pais de Cedeira vendo a inexistencia de servizos estivais de atención a menores con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, decide no ano 2009, coa colaboración dos servizos sociais municipais e a Asociación Artabria, poñer en marcha o campamento urbán de verán “Campus creativo”. Propiciar unha alternativa socioeducativa para o ocio e tempo libre de nenos e nenas, e á vez favorecer a conciliación da vida laboral, familiar e persoal dos seus proxenitores eran os seus obxectivos básicos. Nacía ademais coa clara misión de acadar que o Concello de Cedeira asumira en exclusiva có paso do tempo as súas competencias e responsabilidades na organización e xestión dos campamentos urbáns de verán. Eses tempos parecen chegados. O ente municipal informou por escrito ás familias o pasado mes de abril dunha proposta propia dun novo campamento baixo o lema “Tempo de nenos”. Como asinante único da citada información figuraba o actual alcalde. Dende aquela os rumores sucedense na vila; para uns é só parte dunha estratexia electoral, para outros non se fará, uns terceiros dubidan do fondo, da forma e do momento de plantexalo, hai tamén quen si cree no proxecto.  Sexa como sexa e pase o que pase a partir do próximo domingo,o sr. Vergara, nas filas do goberno ou nas da oposición, terá un contrato moral coas familias do pobo. Debe ser o máximo responsable o garante do cumprimento e desenvolvemento das accións socioeducativas ofertadas e os convenios  comprometidos. "

Diego R.Piñón


Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1607