Débedas da PATRONA 2010
Fecha Sábado, 14 mayo a las 08:43:52
Tema PHP-Nuke


A pesar de que o Concello de Cedeira xa iniciou os trámites para sacar a concurso a organización das festas da Patrona do 2011, a localidade aínda arrastra as débedas e os problemas das últimas celebracións. A comisión Santa María Do Mar, que organizou a celebración do ano pasado, debe preto de 50.000 euros a grupos, orquestras e persoal operario que participou nos últimos festexos patronais. Entre algunhas das bandas afectadas están grupos como Burning ou Som Do Galpom.

O concelleiro de festas, Xermán Tobío, recorda que lles outorgaron unha axuda de ao redor de sesenta mil euros e asegura que se o Concello gastase o diñeiro dos veciños nesas débedas estaría «incorrendo en prevaricación».


Enrique Patricio, mánager de Burning, asegura que aos seus representados aínda lle deben 3.000 euros da actuación do pasado 13 de agosto. Segundo Patricio, acordou coa comisión que lles pagarían o caché de 8.500 euros en efectivo. «O mesmo día do concerto dixéronnos que non o tiñan, así que nos pagaron parte do soldo cun cheque asinado polo responsable da comisión», explica Patricio. A sorpresa veu cando o mánager intentou cobrar e o banco denegoulle o cheque por falta de fondos. «A partir de aí foron todo escusas», lamenta.

Unha situación parecida viviuna o grupo Som Do Galpom, cuxo mánager asegura que levará á comisión a xuízo. Á banda reggae débenlle máis de 2.000 euros.

Pola súa banda, o avogado que representa á comisión, Manel Seco, confirma que existen estas débedas ás que o colectivo organizador non pode facer fronte. «Estamos preparando unha reclamación contra o Concello para presentar no xulgado», adianta Seco.

E é que desde a comisión aseguran que a administración local non cumpriu cos compromisos acordados e a subvención outorgada non chega para facer fronte aos gastos. «Temos documentos, pagarés e recibos que nos pediron no Concello, que demostran que no seu día se comprometeron a pagar os gastos», explica o avogado.

O concelleiro de festas, Germán Tobío, recorda que lles outorgaron unha axuda de ao redor de sesenta mil euros e asegura que se o Concello gastase o diñeiro dos veciños nesas débedas estaría «incorrendo en prevaricación».

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1599