Concello de Cedeira - Urbanismo
Fecha Viernes, 13 mayo a las 08:31:55
Tema PHP-Nuke


A xunta de goberno de Cedeira aprobou onte por unanimidade enviar á fiscalía o expediente dunhas obras relacionadas cun concelleiro popular, Alfredo Vilela Santalla, número dous da lista do Partido Popular para as próximas eleccións.

Segundo informan fontes municipais, Vilela iniciou a construción dun recinto hostaleiro nunha parcela cualificada como chan rústico que dispón dunha protección especial agropecuaria incompatible co uso comercial e dependente da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU). Ademais, indican desde o Concello que a construción está situada a tan só metro e medio do río que abastece a subministración de auga da vila e Augas de Galicia tamén debe estudar a licenza.


© 2011 - La Voz de Galicia


Pola súa banda, o concelleiro afectado asegura que se trata de chan común tradicional onde xa existía unha antiga construción de fai ao redor de corenta anos. O anterior propietario do terreo remitiu unha solicitude de licenza de obra maior para a adaptación do local para convertelo en café-bar mesón no ano 1999. E dous anos máis tarde, o por entón arquitecto municipal ditou un informe favorable.

O concelleiro, que herdou o terreo cando aínda non finalizaran as obras, asegura que presentou outro permiso de licenza urbanística en agosto do 2010 para unha obra menor de reparación de tellado, substitución de fiestras, recebo da parede exterior e colocación dunha porta, da que aínda non recibiu contestación xa que a xunta aprobou onte denegarlle o permiso.

«En xaneiro comezamos coas obras xa que consideramos que están aprobadas por silencio administrativo», detalla Vilela. Neste tempo, o goberno local afirma que precintaron a zona en dúas ocasións. O concelleiro di que só foi unha vez, sen que se paralizasen as obras.

A xunta de goberno considerou que desoír as súas indicacións e continuar coa construción pode constituír un delito de desacato á autoridade, por iso trasladou a documentación ao fiscal para que estude se se trata dun acto penal.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1594