Concello de Cedeira - Xunta de portavoces
Fecha Jueves, 12 mayo a las 08:58:52
Tema PHP-Nuke


Hoxe reúnese a xunta de portavoces do goberno de Cedeira para estudar unhas presuntas irregularidades urbanísticas relacionadas cun concelleiro popular. Segundo informan fontes locais, o político pediu unha licenza de obra ao goberno local e comezou a executar a edificación antes de recibir contestación da administración municipal.

A licenza solicita permiso para construír unha vivenda en chan cualificado como rural non edificable. Trátase dunha zona por onde transcorre un río, polo que Augas de Galicia tamén terá que aprobar a obra.

A construción iniciouse fai xa un par de meses, período no que o goberno local mandou precintar a parcela. Esta medida foi desacatada polo concelleiro xa que, segundo fontes municipais, o afectado eliminou o precinto e continuou coa construción.

A xunta de goberno estudará hoxe os feitos e decidirá se remiten o problema á fiscalía.

Outras construcións

En Cedeira están abertos dous procesos xudiciais por supostas irregularidades en construcións. A fiscalía investiga a legalidade dun inmoble situado fronte ao auditorio cedeirense e o Tribunal Superior de Xustiza estuda unha sentenza que obriga ao Concello a outorgar unha licenza a unha promotora para construír cen novas vivendas.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1587