Novo recinto deportivo
Fecha Miércoles, 11 mayo a las 08:33:16
Tema PHP-Nuke


Comezan as obras para dotar Cedeira cun novo recinto deportivo, que estará situado nas inmediacións do campo de fútbol local. A vila contará nos próximos meses con novas pistas para a práctica de fútbol sala e pádel.

O proxecto foi adxudicado á empresa Ferorsa S.L. por un importe de case setenta mil euros. Para levar a cabo as obras, o Concello conta cunha subvención da Deputación provincial.

Os traballos de reformulo foron executados a finais do mes pasado e desde o Concello prevén que as obras arrinquen entre hoxe e mañá. O prazo de execución da actuación é de dous meses.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1584