Concello de Cedeira - BOP
Fecha Martes, 10 mayo a las 08:34:07
Tema PHP-Nuke


ANUNCIO

CONVOCATORIA DE PROBAS SELECTIVAS PARA AMPLIAR A BOLSA DE TRABALLO PARA O POSTO DE ARQUITECTO

Por acordo da Xunta de Goberno Local de 26-04-2011, acordouse:

1. aprobar a convocatoria de probas selectivas para ampliar a bolsa de traballo para o posto de arquitecto.
2. As probas selectivas para ampliar a bolsa de traballo para o posto de arquitecto realizaranse de conformidade coas Bases xerais, bases específicas e convocatoria para a provisión de dúas prazas de emprego público ofertadas polo concello de Cedeira no exercicio 2009,”, publicadas integramente no BOP núm. 231 de data 28 de outubro de 2009 coas seguintes especialidades:

a. A publicidade limitarase a:

i. A publicación de esta convocatoria no BOP. O prazo de presentación de solicitudes para participar será de 20 días naturais.

ii. Aprobarase a lista provisional de admitidos e excluídos por Resolución de Alcaldía e publicarase no taboleiro de edictos do Concello e na páxina web municipal. Establecerase o día, hora e lugar de celebración do primeiro exercicio e a composición do Tribunal. O prazo de subsanación será de tres días hábiles.

iii. Unha vez realizado o proceso selectivo a Resolución de Alcaldía de aprobación da Bolsa de Traballo publicarase no BOP tal como esixe a Base 13.6.

b. O proceso selectivo constará unicamente de dous exercicios: o segundo e o terceiro exercicio das Bases Específicas e Convocatoria da Praza de Arquitecto publicadas no BOP núm. 231 de data 28 de outubro de 2009.

c. Os aspirantes que superen algún dos exercicios integráranse na Bolsa de Traballo segundo o orde de puntuación obtida a continuación da persoa que a integra de acordo coa Resolución de 25 de xaneiro de 2011.

Cedeira, 2 de maio de 2011

O alcalde,

Asdo.: José Luis Vergara Rey

Link: BOPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1580