Concello de Cedeira - Minibus municipal
Fecha Viernes, 27 marzo a las 09:09:55
Tema PHP-Nuke


CARTA DE INFORMACION

Asunto: Minibús Municipal
Cedeira, 18 de marzo de 2009

Estimado/da Señor/a,

 

 O Concello de Cedeira, comprometido co principio de elevar a calidade de vida das  persoas maiores ou con algunha minusvalía, e de aqueles que por diversos motivos teñan afectada a súa mobilidade e, por tanto, a súa autonomía persoal, promove a iniciativa de instaurar un servicio de minibús.

Este servicio de transporte terá como vocación prioritaria o traslado, dentro do
municipio e arredores, destas persoas con minusvalías psíquicas, físicas ou
sensoriais, para que poidan así exercer o seu dereito de integración social ou
laboral, asistindo ao Centro Médico, ao Hospital, ao Centro de día, ao mercado, aos seus centros de traballo, centros de ocio, etc. o vehículo será adaptado e a xestión do seu uso dependerá directamente da Alcaldía de Cedeira

Este vehículo, fruto dunha colaboración entre o concello e la empresa VISIOCOM MINIBÚS, S.L. disporá de emprazamentos publicitarios que permitirán a súa financiación, cousa que non poderá ser posible sin a súa axuda. o citado Minibús circulará cada día polo municipio e arredores coa finalidade de crear unha comunicación eficaz da súa empresa.

O Concello con esta operación pretende resolver un problema loxístico e de mobilidade de persoas, con un coste mínimo para as arcas municipais. Tamén creo que para Vde. pode ser unha boa oportunidade de publicitar o seu negocio a toda a de Cedeira e arredores, ademais de colaborar neste proxecto social. o Concello pola súa parte, financia os gastos de persoal, de seguro,de  mantemento e de carburante.

Para o éxito deste inminente proxecto, pídolles que reciban a D. David Rubio, Delegado de Visiocom Minibús, S.L. única persona autorizada para tratar respecto da súa publicidade, necesaria para a mencionada operación. Agradézolles a súa colaboración e participación nos aspectos sociais do noso  municipio, e aproveito a ocasión para enviarlles un cordial saúdo.

Atentamente,
O Alcalde


Link: Carta de información do Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=158