Irrisarri aposta pola unión comarcal contra o desemprego
Fecha Martes, 10 mayo a las 08:30:28
Tema PHP-Nuke


O alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, arroupado por integrantes das candidaturas socialistas dos concellos de Narón, Valdoviño, Cedeira, Pontedeume, Ortigueira e Moeche, presentou a iniciativa que está impulsando o PSOE para a creación dun fondo comarcal de «entre tres e cinco millóns de euros» co obxectivo de apoiar aos novos empresarios. Os socialistas reiteraron que con esta ferramenta financeira buscan combater o desemprego, «o maior problema que está padecendo Galicia», dunha forma «conxunta e coordinada» entre os concellos de Ferrolterra, Eume e Ortegal.


© 2011 . La Voz de Galicia

«O que buscamos é repetir a fórmula do Plan Ferrol nas pequenas empresas», dixo o alcalde de Cedeira, José Luís Vergara.

«A cooperación entre distintos concellos non é nada extraordinario, porque é a forma de traballar que levamos mantendo nos últimos catro anos», comentou Irisarri, quen agregou: «A Mancomunidade pasou de ser un instrumento para enfrontarse contra outras administracións para ser un organismo básico no aforro de servizos e posta en marcha de iniciativas como programas de reciclaxe ou zonas de reposición para vehículos eléctricos». Neste fondo de capital risco que crearían os diferentes concellos da comarca estarían representados os concellos, a Deputación da Coruña, a Xunta, o capital privado e as caixas de aforro ou entidades bancarias. A xestión correría a cargo dunha empresa externa quen sería a encargada de avaliar os proxectos susceptibles de recibir financiamento. Uns proxectos que poderían recibir como máximo aproximadamente 100.000 euros.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1579