Accidente nas curvas de Landeira
Fecha Martes, 03 mayo a las 18:51:47
Tema PHP-Nuke


Un equipo do Corpo de Bombeiros de Ferrol excarcerou este mediodía a unha parella de septuaxenarios que sufriron unha accidente de tráfico na estrada Ferrol-Cedeira, ao seu paso polo lugar coñecido como as curvas de Landeira, á entrada da vila mariñeira, un tramo con alta sinistralidade.

Segundo indicaron fontes sanitarias, os ocupantes, a muller M.P.C.A.B. de 71 anos e o home M.A.R. de 76, foron trasladados en ambulancia ao hospital Juan Cardona, en Ferrol, aínda que, e a pesar do aparatoso do sinistro, o seu estado non reviste gravidade xa que só presentan contusións.

Ao parecer, o turismo no que viaxaban, un Peugeot 405, sufriu unha saída de vía e, a continuación, se despeñó uns dez metros polo badén ata chocar cunha árbore. O impacto impedía que os dous afectados puidesen saír do vehículo, polo que, unha vez alertado o servizo de urxencias 112, mobilizouse a Bombeiros de Ferrol e Garda Civil de Tráfico.

Cinco efectivos dos bombeiros acudiron ao lugar do sinistro para proceder á excarceración, para o que tiveron que cortar o teito e a porta do turismo sinistrado, segundo indicaron desde o parque ferrolán.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1570