Concellería do Mar - Cedeira
Fecha Martes, 03 mayo a las 12:41:19
Tema PHP-Nuke


A Consellería do Mar acaba de outorgar tres novos permisos de explotación para marisqueo a pé á Confraría de Cedeira para traballar na reserva mariña desta localidade. Este incremento de autorizacións para exercer a actividade vén demostrar, segundo apúntase desde a citada consellería, o interese da mesma tanto por crear postos de traballo como por incrementar a actividade.


 © 2011 - Diario de Ferrol


Para poder optar aos permisos de explotación, os solicitantes deben cumprir os requisitos esixidos na normativa correspondente e presentar a documentación solicitada pola administración autonómica. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábites a partir da difusión da convocatoria a través do taboleiro de anuncios das confrarías. As solicitudes presentaranse no rexistro do departamento territorial da Consellería do Mar na Coruña ou en calquera rexistro público que teña convenio coa Xunta. Unha vez finalizado o prazo antes citado, Mar procederá á valoración das solicitudes.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1569