CASTAS - Por Diego R. Piñón
Fecha Lunes, 02 mayo a las 11:48:35
Tema PHP-Nuke


Un artigo de Diego R. Piñón publicado no xornal Diario de Ferrol.

" O centro de formación ocupacional da Xunta en Ferrol aínda non empezou a de-senvolver as accións formativas para persoas desempregadas que tiña previsto para este exercicio de 2011. Outro tanto acontece en toda a rede de centros propios que a Xunta ten espallados por toda a nosa xeografía. Asimesmo, mentres estes ciclos non se inicien a Consellería de Traballo tampouco resolverá as solicitudes da vía 1b que son as derivadas das peticións das empresas. Neste caso, para máis inri, moitos dos expedientes presentan compromisos de prácticas e contratación para o alumnado participante. Estando tan necesitados de formación e emprego, ¿que pasa?, ¿cales son os motivos desta indignante situación? A problemática obedece a unha doble causa. Para a primeira debemos retrotraernos ó 2004,  a unha orde asinada polo último goberno de Fraga, na que se establecía o chamado catálogo de expertos docentes. Nel limitábase en exclusividade a impartición da formación laboral a un grupo reducido de profesionais de diversas disciplinas. O bipartito continuono. A segunda radica en normas estatais, xa que é o Estado quen financia os cursos e fixa como repartir os fondos, destinando o 50% para a docencia. Os políticos creaban unha nova casta privilexiada, xa que isto permite que un docente poida cobrar ata 6.600  euros ao mes por seis horas de traballo diario, a razón de casi 58 euros á hora. A polémica radica en que a actual Xunta quere rebaixar os fondos para docencia ata o 35% e non limitala ós membros do catálogo, mentres estes non queren renunciar  á súa situación recurrindo ós tribunais. "




Link: DFONLine - Diego R. Piñón






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1567