Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011
Fecha Lunes, 02 mayo a las 08:59:22
Tema PHP-Nuke


«Quero crear un goberno que ilusione»

Leopoldo Rubido Ramonde (Cedeira, 1942) volve á carga. Foi nomeado alcalde de Cedeira en 1973, cando o réxime franquista aínda gobernaba España, e ostentou o bastón de mando durante trinta anos. Apeado da cadeira de brazos da alcaldía no 2007, Rubido quere seguir dando guerra e encabeza de novo a lista do PP.


© 2011 - La Voz de Galicia

-Que lle segue motivando para continuar pelexando pola alcaldía?

-O outro día paroume un amigo e díxome: "Pero que necesidade terás de presentarche outra vez". E eu contesteille: "A mesma que tiña con 30 anos, cando aceptei ser alcalde". Tiña a miña praza de profesor, a miña asesoría, pero tiña unha inquietude por Cedeira e sígoa tendo, unha vocación de servizo cara ao meu pobo. Sobre todo agora cando ves que as cousas non se están facendo ben, dáche un pouco de pena porque falta ilusión no pobo de Cedeira e quero crear un goberno municipal que ilusione e do que sentan orgullosos os veciños. Creo que é unha obrigación e por iso preséntome de novo.

-Pero fai catro anos anunciou que non volvería ser candidato.

-E púxeno no programa e todo, pero pasou o que pasou. Aínda que a miña intención era irme tranquilo para casa.

-A este paso parece que acabará a súa carreira política como alcalde de Cedeira, gustaríalle?

-Sempre estiven moi orgulloso de ser alcalde do meu pobo. Mentres os meus compañeiros terminaban os seus estudos e íanse eu establecinme alí, en Cedeira, cunha asesoría porque tiña gran interese en servir ao meu pobo, cría que tiña esa misión.

-A súa vocación política nace no franquismo, o é?

-Nace da miña formación relixiosa e patriótica, do meu sentimento cristián da vida. Para nada son franquista. En 1973 aceptei ser alcalde porque vin que eu era o mal menor, se non ía eu ía ir outra xente que non me gustaba nada e aceptei.

-Obxectivos se volve ocupar a cadeira de brazos de alcalde.

-Primeiro haberá que ver como están as contas logo destes catro anos e se podemos sacaremos as taxas de documentos, baixaremos os impostos ou polo menos conxelarémolos. Tamén levamos no programa baixar o importe das multas e axilizar a concesión de licenzas. E quero dicir tamén que nos 30 anos que fun alcalde non houbo un ano en que non comprásemos unha propiedade, aumentamos moito o patrimonio municipal, e ultimamente nada. Ademais, o goberno tripartito estase apropiando agora dunha serie de logros, como o polígono industrial. Xa o planificamos en 1995, con Núñez Feijoo como conselleiro de Territorio fíxose o proxecto e saíu a partida orzamentaria con Teresa Táboas. Nalgún momento tiña que empezar, pero que non digan agora eses señores que foron eles.

Leopoldo Rubido Ramonde número un do PP de Cedeira

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1566