Solucións Tecnolóxicas Mariñas S.L.
Fecha Sábado, 30 abril a las 08:46:33
Tema PHP-Nuke


A empresa galega Solucións Tecnolóxicas Mariñas S.L., iniciará antes dun mes as obras dunha nova nave industrial no polígono cedeirense da Trabe e prevé poder comezar a operar a principios do 2012. Converterase na primeira planta española destinada ao cultivo controlado de algas. «Temos aprobado o proxecto e só quedan pequenos trámites», explica o xerente da firma, Benjamín González.

A actuación contempla a construción dunha nave de ao redor de 1.900 metros cadrados que estarán diferenciados en dúas áreas, unha zona destinada ao cultivo en circuíto pechado, e a outra zona, para a transformación industrial e envasado de algas. Ademais, segundo explica González, impulsarán proxectos de investigación e desenvolvemento co obxectivo de penetrarse no sector da cosmética e SPA. «É un mercado incipiente con moitas posibilidades», explica González, aínda que asegura que nun principio se dedicarán ao sector da alimentación.


O Instituto Español Oceanográfico (IEO) participará no proceso de cultivo.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1565