Garcsa e Reflexións Arts
Fecha Sábado, 30 abril a las 08:43:57
Tema PHP-Nuke


Despois de que os responsables da empresa Garcsa e Reflexións Arts visitasen as novas instalacións en Cedeira, celebrouse unha reunión na que se asinou un acordo polo que a firma fabricará na futura nave novos sistemas de son para cines comerciais deseñados por Newell coa homologación de Dolby Surround.

Ademais, na nave cedeirense, que se converterá na sede da empresa galega, tamén se fabricarán os novos monitores deseñados por Newell para estudos de gravación. A parte, Garcsa seguirá fabricando os equipos de gravación e de posproducción para cine.

Con este acordo a firma de son galega convértese nunha das máis importantes dentro do sector e é que os efectos sonoros e a posproducción da maioría de películas nacionais e europeas realízanse con sistemas galegos.


© 2011 - La Voz de Galicia


Visita a San Andrés

Aproveitando a reunión, os responsables e técnicos da firma reuníronse co alcalde da localidade para visitar a vila. Philip Newell, cofundador da Virgin e produtor de artistas como Michael Oldfield ou Queen, visitou a ermida de San Andrés de Teixido e gozou da gastronomía da comarca.

A partir de agora, asegura que estará máis presente na vila de Cedeira para supervisar en persoa a evolución dos laboratorios.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1564