Concello de Cedeira - ANUNCIO BOP
Fecha Jueves, 28 abril a las 08:43:49
Tema PHP-Nuke


Acordo plenario de cambio de uso de parcela dotacional. Pistas polideportivas

ANUNCIO – Cambio de uso de parcela dotacional. Pistas Polideportivas.

Mediante o acordo de PLENO, na súa sesión ordinaria realizada con data vintenove de marzo de dous mil once foi adoptado, entre outros, o seguinte acordo:

6.- CAMBIO DE USO DE PARCELA DOTACIONAL. PISTAS POLIDEPORTIVAS



Segundo establece o artigo 82.3 do regulamento de organización, funcionamento e réxime xurífico das entidades locais, R.D. 2568/1986, sométese a votación a ratificación da inclusión do punto na orde do día, quedando aprobado por sete votos a favor (4 do PSdG-PSOE, 2 do BNG e 1 de TEGA) e catro abstencións do grupo municipal do Partido Popular.

ANTECEDENTES

1. Providencia da Alcaldía de 25 de marzo de 2011 incoando o expediente.

2. Informe-proposta de 24 de marzo de 2011 da Técnico Municipal.

3. Informe de Secretaría de 28 de marzo de 2011.

4. Proposta de Alcaldía de 28 de marzo de 2011.

CONSIDERACIONS XURÍDICAS

Primeiro.- Plan Xeral de Ordenación Urbana de Cedeira, BOP de 14 de xuño de 1995, asigna á parcela con referencia catastral 6844301NJ7364S0001SF cunha superficie de 3.522 m2, o uso dotacional público de equipamento socio-cultural.

Segundo.- O artigo 47.4 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUGA), permite que o Pleno por maioría absoluta acorde o cambio de uso dos terreos reservados para equipamentos públicos por outro uso dotacional público distinto sen necesidade de segui-lo procedemento de modificación do plan. Establece como requisitos que se manteña a titularidade pública ou se destine a incrementa-las zonas verdes e os espacios libres públicos.

A Técnico Municipal redactou o 24 de marzo de 2011 unha proposta de cambio de uso da parcela obxecto do expediente á equipamento deportivo-recreativo.

Terceiro.- De acordarse esta modificación de uso deberá publicarse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e no Diario Oficial de Galicia e comunicarse a Dirección xeral de urbanismo da Xunta de Galicia en aplicación analóxica do artigo 92 da LOUGA.

Polo exposto, o Pleno da Corporación, por sete votos a favor (4 do PSdG-PSOE, 2 do BNG e 1 de TEGA) e catro abstencións do grupo municipal do Partido Popular, adopta o seguinte acordo:

1. Aprobar o cambio de uso da seguinte parcela de acordo co artigo 47.4 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia:

Parcela uso equipamento socio-cultural

Parcela Ref. Catastral: 6844301NJ7364S0001SF

Superficie: 3.522 m2

Unha vez realizado o cambio de uso segundo o previsto no planos anexos ao informe proposta de 24 de marzo de 2011 resulta:

Parcela uso equipamento deportivo e recreativo.

Parcela Ref. Catastral: 6844301NJ7364S0001SF

Superficie: 3.522 m2.

2. Publicar o presente acordo no BOP e no DOG.

3. Remitir dous exemplares dilixenciados á Dirección Xeral de Urbanismo.

4. Comunicar ao catastro e ao rexistro da propiedade as modificacións efectuadas.

Cedeira, 12 de abril de 2011

O alcalde,

Asdo. José Luis Vergara Rey

Link: BOPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1561