Conic Vascular na Trabe - Granxas
Fecha Martes, 26 abril a las 08:49:37
Tema PHP-Nuke


O proxecto que a empresa médica Conic Vascular prevé desenvolver en Cedeira contempla para o próximo ano a creación dunha granxa na que coidar aos seus propios animais para test médicos. Segundo explica o presidente da entidade, Manuel Parente, trataríase dunha especie de centro veterinario no que poder probar material, implantes e técnicas médicas baixo o coidado e a atención de expertos. «Exportar material médico para realizar as probas de calidade en animalarios do estranxeiro é moito máis caro que validar os produtos aquí», explica Parente.

A construción desta granxa entraría dentro dunha segunda fase do proxecto. «Estamos buscando financiamento para esta fase e aínda non iniciamos a compra dos terreos onde estaría situado o animalario», detalla Parente.

A empresa contará tamén cun espazo para realizar probas biolóxicas de calidade do material cirúrxico que fabrica a firma noutra nave e unha sala de hemodinámica, é dicir, aulas onde poder ensinar aos profesionais do medicamento o uso do novo material. Ademais, nun futuro, Parente non descarta implantar en Cedeira tamén unha fábrica.

Outras naves

No polígono da Trabe, onde se situará a firma médica, xa comezou a construción das naves onde se instalará unha firma que fabrica altofalantes, Galician Audio Research, e unha empresa que desenvolve aeroxeradores de eixo vertical. No parque empresarial tamén está previsto que se instalen ao longo do próximo ano un criadeiro de algas, unha planta de biomasa e un viveiro de empresas.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1558