Conic Vascular na Trabe
Fecha Martes, 26 abril a las 08:46:30
Tema PHP-Nuke


A empresa de produtos médicos Conic Vascular, que prevé construír este ano unha nave no polígono industrial de Cedeira, presentará o proxecto previsto para o Ortegal este venres no auditorio cedeirense.

Na vila mariñeira instalarase unha empresa filial baixo o nome de Ortegal Laboratory S.L. A nova firma presentou xa o proxecto inicial no Concello cedeirense e prevé poder comezar as obras a principios de verán. «Se non hai ningún problema, o noso obxectivo é estar operativos en xaneiro do ano que vén», asegura o presidente da empresa, Manuel Parente.


O proxecto contempla a construción dunha nave de ao redor de 1.200 metros cadrados en dúas parcelas do polígono da Trabe. O centro estará dedicado á contrucción e análise de material médico.

Doce postos de traballo

Para iso a firma conta cun orzamento de 3,6 millóns de euros dos cales a metade están financiados coas axudas do Plan Ferrol. A entidade prevé crear unha ducia de postos de traballo cando empezo a funcionar a primeira fase do proxecto pero estiman chegar a máis de medio centenar nos próximos anos.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1557