As festas: a concurso
Fecha Viernes, 15 abril a las 08:45:42
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira saca a concurso negociado a organización das festas patronais que se celebran na vila o mes de agosto. Esta semana reuniuse a xunta de goberno local na que se aprobou iniciar os trámites. O Concello xa anunciou a finais do ano pasado que tomaría esta medida para organizar unhas festas máis rendibles. «Facemos público o orzamento do que dispón o Concello, coa intención de que as empresas que poidan estar interesadas propoñan o seu programa de actividades e concertos e a partir de aí escollerase o proxecto máis competente», explica o alcalde da vila, Jose Luís Vergara.

As empresas interesadas en participar disporán dun orzamento de sesenta mil euros para a contratación de grupos de música e orquestras que amenicen as festas do día 14 ao 17 de agosto. Ao ser un concurso negociado, a convocatoria non sairá reflectida no Boletín Oficial do Estado. Desde a administración local prevén anunciar o concurso na páxina web do consistorio e invitar a varias compañías da comarca e fóra de Galicia que poden estar interesadas no proxecto. «Para que non se repitan os problemas doutros anos, esixiremos á empresa que reciba a adxudicación que pague todos os canons esixidos pola SGAE», ironiza o rexedor.

Este é un dos tres bloques nos que a administración local dividiu as festas. Nas próximas semanas procederá a negociar o orzamento da iluminación e os lumes. Para simplificar os trámites e non ter que convocar tres concursos distintos, desde o Concello explican que destinarán partidas inferiores aos 18.000 euros nestas concesións.

Ademais, fontes do goberno local aseguran que redactarán unha ordenanza municipal para controlar a instalación de casetas e postos de feira.

Problemas coas comisións

No ano 2008, un grupo de empresarios colaborou co goberno local na organización dos festexos. Tras esta experiencia, unha comisión de festas organizou os eventos dous anos consecutivos coas que, segundo indican desde o PP, o Concello debe en total ao redor de cen mil euros. «Legalmente non se lles debe nada, pero o goberno local deixoulles co cu ao aire coa débeda pendente. Vergara liquidou o modelo de comisión cidadá, xa ninguén quere organizar as festas», aseguran desde o partido.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1544