Concello de Cedeira - Policía Local
Fecha Martes, 12 abril a las 18:20:46
Tema PHP-Nuke


O pasado domingo finalizou a campaña especial desenvolvida pola Dirección Xeral de Tráfico para controlar as distraccións durante a condución, un programa ao que se adheriu entre outros organismos a Policía Local de Cedeira.

Na vila mariñeira a semana de campaña saldouse con 269 vehículos controlados segundo informan membros da policía local cedeirense. Do total de retencións, en só dous casos os axentes oficializaron unha denuncia pola infracción realizada. «En ambos os casos os condutores falaban polo móbil, unha das infraccións máis habituais nas zonas urbanas», explican desde a policía local.

Durante a campaña os axentes informaron aos condutores dos dispositivos, permitidos ou non ao volante, que poden supor unha gran distracción na condución e poden chegar a ocasionar un accidente. «controlamos, a parte dos móbiles, o uso de GPS, auriculares e demais aparellos electrónicos» detallan os axentes.

Uso do móbil

A pesar de que o uso durante a condución está prohibido, falar polo teléfono móbil é a infracción máis reiterada en núcleos urbanos. «No último mes e medio realizamos máis dunha ducia de denuncias por esta causa», aseguran desde a policía cedeirense.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1540