Praia da Madalena
Fecha Viernes, 08 abril a las 08:54:22
Tema PHP-Nuke


Os temporais do inverno pasaron factura ao areal da Magdalena, no municipio de Cedeira. O bater das ondas sobre a praia orixinou a presenza dun chanzo que, cunha altura de aproximadamente dous metros, limita o acceso á mesma.
Tras unha recente visita ao municipio, os responsables da Demarcación de Costas en Galicia comprometéronse a arranxar a situación e, desde o día de onte, unha ducia de operarios, dous camións e tres máquinas traballan en medidas paliativas para restablecer o uso público do areal.
A tarefa consiste en achandar a superficie da praia, de maneira que se retira area daquelas zonas nas que se foi acumulando como consecuencia da bravura do mar e deposítase nas que, pola contra, quedaron desprotexidas.


© 2011 - Diario de Ferrol



Este proceso prolongarase por espazo de dúas semanas, tal e como apuntaron distintas fontes. De ser así, o areal da Magdalena recuperaría o seu habitual aspecto para a primeira escapada do ano, as vacacións de Semana Santa. Neste sentido, cabe recordar que Cedeira, como outras moitas localidades do litoral, convértese durante uns días en destino turístico para aqueles que, por múltiples razóns, elixen a vila para pasar uns días de descanso. O alcalde do municipio, o socialista José Luís Vergara, agradece á Demarcación de Costas o interese que os seus responsables demostraron ao realizar a obra antes das vacacións de primavera. Tamén apuntou que as máquinas traballan a pleno rendemento desde primeira hora do día de onte. A praia da Magdalena está situada no centro urbano da localidade cedeirense.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1538