Concello de Cedeira - BOP
Fecha Viernes, 08 abril a las 08:48:37
Tema PHP-Nuke


Alegacións e requirimento ás bases xerais, bases específicas e convocatoria para a provisión de cinco prazas de funcionarios de carreira do Concello de Cedeira no exercicio 2010. BOP 15.02.2011

ANUNCIO

Por acordo da Xunta de Goberno Local de 29.03.2011 acordouse:

I. Rectificar a cuarta proba da base 7.1 fase de oposición das bases específicas e convocatoria da praza de auxiliar administrativo aprobadas por Xunta de Goberno Local do 25 de xaneiro de 2011 e publicadas no BOP o 15 de febreiro de 2011, que terá a seguinte redacción:

“Obrigatoria e eliminatoria, coñecemento de galego. Consistirá na traducción directa e/ou inversa de un ou varios textos, en castelán ou galego, facilitados polo tribunal, nun tempo de 30 minutos. Este exercicio será cualificado coa puntuación de apto ou non apto. Os aspirantes que están en posesión do CELGA 3 ou equivalente quedarán exentos da realización desta proba.”

II. Desestimar o recurso potestativo de reposición presentado por dona Raquel Duarte Núñez o 23 de febreiro de 2011 contra as bases xerais, bases específicas e convocatoria para a provisión de cinco prazas de funcionarios de carreira ofertadas polo Concello de Cedeira no exercicio 2010, aprobadas pola Xunta de Goberno Local do 25 de xaneiro de 2011 e publicadas no BOP o 15 de febreiro de 2011.




Cedeira, 30 de marzo de 2011.

O alcalde

Asdo.- José Luís Vergara Rey

Link: BOPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1537