Concelllo de Cedeira - Innovación turística
Fecha Jueves, 07 abril a las 08:59:35
Tema PHP-Nuke


Os concellos de Cedeira, Cariño, Ortigueira, Mañón e Cerdido propuxéronse innovar no sector turístico. E para iso, están dispostos en recorrer ao "sistema de realidade aumentada" para pór ao alcance do visitante, mediante o uso do móbil, a información do municipio que suscitou o seu interese.
Esta proposta, que se prevé levar a cabo antes do próximo verán, financiarase con cargo ás axudas europeas que, no caso da comarca do Ortegal, encárgase de xestionar Costa Noroeste. En concreto, trátase dos fondos Agader e o investimento estimado para levala a cabo está ao redor dos 45.000 euros. As administracións antes citadas, en cuestión de días, asinarán un convenio que as compromete a adiantar o diñeiro para plasmar unha idea que, a día de hoxe, só está operativa nun reducido número de poboacións a nivel de todo o Estado.

O sistema, que se activa mediante un código de barras que se inserirá nunha especie de panel indicativo, trasladará á pantalla do móbil aqueles datos, referencias ou cuestións que poidan ser de interese para as persoas que o visiten. O servizo ten carácter gratuíto e simplifica a información turística, de modo que calquera turista e sen necesidade de guía poida coñecer os datos de interese daqueles lugares ou poboacións que se atope no seu percorrido pola comarca de Ortegal. O asunto abordouse onte no encontro que reuniu en Cariño aos alcaldes dos municipios antes citados.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1536