II Feirón mensual na Vila
Fecha Miércoles, 06 abril a las 08:52:43
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira recibiu as queixas dos comerciantes locais no sentido de non estar moi de acordo co feito de que os dous feirones que teñen lugar no municipio celebrásense na contorna do paseo marítimo.
Os responsables municipais entenderon, no seu día, as razóns expostas polo colectivo e agora desde a administración local xa se traballa en mellorar a nova localización que, a partir do día 24 do presente mes, terá a feira que antes se celebraba o cuarto domingo de mes. As dúas marxes do río Condomiñas, un novo espazo urbano, recuperadas mediante unha intervención financiada pola Demarcación de Costas na zona, acollerán un encontro que, xunto ao que se celebra o segundo domingo de mes, xeran unha gran actividade comercial na vila os domingos pola mañá.

O alcalde de Cedeira, José Luís Vergara, explicou que, logo de sopesar todos os aspectos, considerouse que "o consenso que nos parece que existe entre os propietarios dos negocios debe primar neste caso".

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1532