PP de Cedeira - Presentación da candidatura
Fecha Miércoles, 06 abril a las 08:47:39
Tema PHP-Nuke


O Partido Popular de Cedeira presenta a súa candidatura ás próximas eleccións municipais que se celebrarán no mes de maio. Leopoldo Rubido, rexedor durante seis lexislaturas antes de que o socialista José Luís Vergara alcanzase a alcaldía nos últimos comicios, repite como cabeza de lista do Partido Popular en Cedeira.

Rubido, que foi profesor do Instituto Técnico de Ensinos Medios, dirixiu o grupo municipal durante os últimos trinta anos.

Como número dous, os populares presentan a Alfredo Vilela Santalla, xerente dun grupo empresarial e concelleiro de Obras e Urbanismo durante catro anos, seguido de Luís Rubido, avogado que xa presidiu a concellaría de cultura e deporte durante dous anos.

O groso da candidatura constitúeo xente nova, a gran aposta para as próximas eleccións. «Son veciños duns trinta anos que van achegar unha nova liña a seguir no grupo», explican fontes do partido. Como novidades, o novo empresario Juan Carlos Romeu Beceiro ou Almudena Molina Pérez, que cursa estudos de ciencias políticas e dereito.

Como contrapunto, pecha a lista José Germán García Veiga, un xubilado que foi director dun banco.

Presentación do grupo

Nos próximos días celebrarán a presentación dunha candidatura que foi renovada en máis da metade de nomes.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1531