A Confraría apoia o novo proxecto de Porto Deportivo
Fecha Miércoles, 06 abril a las 08:44:31
Tema PHP-Nuke


A confraría de pescadores de Cedeira apoia o proxecto de Portos de Galicia para a construción das novas instalacións deportivas na vila. «A priori é unha boa actuación. Haberá que esperar a que a empresa que reciba a concesión presente o seu proxecto, realice os informes técnicos e o estudo de impacto ambiental. É pronto para cualificar a actuación», explican fontes da confraría. E é que desde o depósito aseguran que o proxecto que lles anunciou fai un par de meses o presidente do organismo, Álvarez Campana, non contemplaba afectar á praia de Arealonga.


© 2011 - La Voz de Galicia


Segundo o colectivo de pescadores, a actuación non vai incidir negativamente na praia, de feito todo o contrario, o plan contempla a recuperación do areal. «A empresa que leve a cabo o proxecto terá que recuperar a praia e realizar un importante achegue de area, unha medida que lle fai moita falta», explican representantes da confraría.

Desde o depósito aseguran que eles non apoiarían unha medida prexudicial para un espazo ambiental. «Somos os primeiros preocupados por preservar as praias e a ría, para iso creamos a reserva mariña», sentencia a confraría e aseguran que «nunca apoiariamos un proxecto que supoña un impacto ambiental contrario para a localidade».

As empresas interesadas no proxecto dispón ata o mes de maio para presentar as súas ofertas ao concurso público. A entidade asumirá a prolongación do dique en 225 metros, unha actuación que favorecerá a construción de novos pantaláns e a creación de ao redor de 250 novas prazas de amarre para as embarcacións náutico-recreativas.

Co reinicio dos trámites retómase un proceso comezado no ano 2005 que, nun primeiro momento, contemplaba a creación de 400 prazas de amarre e o aumento de 300 metros de espigón, unha medida que non foi ben recibida entón.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1530