Concello de Cedeira - Obras
Fecha Martes, 05 abril a las 08:59:04
Tema PHP-Nuke


O goberno de Cedeira contratou os servizos da empresa Jardincelas para a construción dun parque infantil na praza denominada do Floreal, un espazo urbano que se localiza entre as avenidas de Ortigueira e España.
O acordo pechouse pola cantidade de 30.000 euros e coa obra, tal e como onte explicou o rexedor municipal, José Luís Vergara, trátase de mellorar a imaxe que neste momento presenta a praza, para o que se previu a instalación de novo mobiliario urbano e tarefas de axardinamento. A intervención, que arrincará en cuestión de días, executarase nun prazo que non excederá dos quince días, tal e como apuntou o alcalde. Por outra banda, o Concello de Cedeira tamén pechou o acordo coa empresa que levará a cabo a construción dun campo de fútbol 7 e dúas pistas de pádel nas inmediacións do campo de fútbol.



Neste caso, o proxecto contratouse por un importe global de 80.000 euros e os proxectos terán que estar operativos antes da chegada do próximo verán, segundo a condición exposta desde o consistorio. En ambos os casos, o goberno municipal de Cedeira buscou a colaboración económica da Deputación da Coruña para levar a cabo os citados proxectos.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1525