Ubicación do feirón na Vila
Fecha Martes, 05 abril a las 08:54:17
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira anunciou onte a decisión de trasladar o segundo feirón da vila, o que se celebra o cuarto domingo de cada mes, á zona do paseo marítimo no río Condomiñas. Con esta medida o goberno local prevé aumentar a afluencia de xente e as vendas dos feirantes.

Esta iniciativa de celebrar o feirón na zona onde se organizaba antigamente foi exposta por un grupo de 58 hostaleiros locais, que se reuniron o pasado mes de marzo co alcalde da vila, Jose Luís Vergara Rey.

Segundo o rexedor tivéronse en conta as peticións dos veciños, os negocios locais e os postos dos feirantes. Estes días o Concello barallou outras opcións como a de celebrar o feirón o sábado, unha idea que non convencía aos comerciantes da vila, ou trasladalo a outros barrios do municipio.

Comezará este mes

A medida entrará en funcionamento este mes coa celebración do feirón o vindeiro domingo 24. Vergara xa adiantou no seu día que se o cambio non resulta efectivo, sempre se poderá volver á situación anterior.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1524