Concello de Cedeira - Sentenza urbanismo
Fecha Domingo, 03 abril a las 18:30:59
Tema PHP-Nuke


O Xulgado do Contencioso Administrativo de Ferrol acaba de ditar unha sentenza que anula unha resolución do Concello de Cedeira pola que se denegou a licenza para a urbanización dunha rúa promovida por Promocións Galicia SL, na que se pretenía construír un centenar de vivendas. O fallo estima na súa totalidade as pretensións da recorrente, declarando o seu dereito a que lle sexa outorgada a mencionada licenza.

O alcalde de Cedeira, José Luís Vergara, anunciou onte que a sentenza xa foi recorrida en apelación ante a Sala do Contenciosos Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza e explicou que o problema radica nunha diferenza de criterios sobre se o chan no que se pretendía abrirse a rúa era urbano consolidado ou non consolidado. O Concello defende que a cualificación que lle corresponde é a de chan non consolidado, como o demostra o feito de que a promotora solicitase licenza para instalar os servizos de auga, rede de sumidoiros e electricidade, así como para urbanizar.

Vergara explicou que o ayuntamineto contaba cun informe técnico favorable á concesión de licenza, pero que outro informe xurídico era desfavorable, así como outras consultas realizadas a expertos na materia.

Pola súa banda, o PP cedeirense recrimina ao rexedor local que, facendo uso de voto da súa calidade e a pesar do informe favorable, denegase a licenza.

Ao mesmo tempo, os "populares" acusan a Vergara de tratar de ocultar esta sentenza, cuxos pronunciamientos considera que " poden ser letais para as contas municipais se a empresa prexudicada decide , no seu día, reclamar polos prexuízos sufridos".

Link: DFONPaper






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1522