Concello de Cedeira - Urbanismo
Fecha Sábado, 02 abril a las 08:48:20
Tema PHP-Nuke


O fiscal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Antonio Roma Valdés, especializado en temas de urbanismo, presentou unha denuncia no Xulgado de Instrución número 1 de Ortigueira, o 20 de setembro do 2010, contra os responsables dun edificio de Cedeira que presenta irregularidades con respecto ao proxecto de obra inicial.

Un veciño da vila presentou unha denuncia previa á fiscalía que abriu dilixencias para estudar o caso. O fiscal, considerando que hai indicios de delito ou falta, trasladou a denuncia ao xulgado de Ortigueira, ao que lle corresponde a xurisdición do termo municipal de Cedeira. Este particular tamén avisou ao Concello da situación na que se atopa o inmoble para que o consistorio iniciase un expediente de revisión de licenza.

Segundo informan fontes da actual corporación municipal, os feitos remóntanse a antes da celebración das últimas eleccións municipais. O alcalde de entón, Leopoldo Rubido, aprobou a licenza de primeira ocupación contraviniendo o informe do técnico municipal que, aínda que non é vinculante, cualifica a construción como unha obra «non legalizable».

O edificio, situado na Rúa do Convento fronte ao auditorio municipal, presenta unha serie de variacións con respecto ao proxecto inicial. A máis grave, segundo o Concello, é a construción dunha planta máis das establecidas. Ademais, o proxecto estipulaba que o garaxe contaría con dúas portas e actualmente hai sete.

Desde o grupo municipal do Partido Popular aseguran que se trata dun conflito privado entre un particular e un promotor, e terá que ser un xuíz «o que dite unha resolución e ditamine se hai algunha ilegalidade na construción». Aseguran que o actual alcalde da vila, Jose Luís Vergara, estao tratando como un tema político no canto de mostrarse «discreto e imparcial» cun problema que incumbe a uns particulares do municipio. «Vergara confunde o estado democrático co actuar dun xerife do afastado Oeste».

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1520