Un ano máis, a praia da Magdalena
Fecha Viernes, 01 abril a las 08:52:45
Tema PHP-Nuke


Un ano máis, a praia da Magdalena será obxecto dunha intervención por parte da Demarcación de Costas para devolver ao areal o seu estado previo ao paso dos temporais e a acción do inverno e as mareas. Así, comunicárono onte en Cedeira responsables deste organismo público, que visitaron o areal en compañía do alcalde do municipio, o socialista José Luís Vergara.
O Concello manifestou en reiteradas ocasións a súa preocupación polo estado que presenta nos últimos meses a principal praia do municipio, moi danada tras o paso do temporal "Becky" en decembro. A Magdalena sufre todos os anos de forma preocupante os efectos do inverno e as mareas, que inciden dunha forma moi particular sobre o areal. A acción do mar e os ventos é especial na vila, tanto, que técnicos de Costas aseguraron no seu día que era a praia que máis sufría do litoral coruñés e ata de toda Galicia o paso do inverno. Fai un par de anos que responsables da Demarcación de Costas anunciaron unha actuación de maior envergadura que permitise pór fin a este efecto cíclico que dana tanto o areal, pero ata a data non hai novidades respecto diso. De feito, os responsables do organismo dependente do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño (MARM) só anunciaron dúas intervencións similares ás doutros anos, unha con carácter inmediato para arrombar o areal de face ás vacacións de Samana Santa e outra prevista para o mes de maio, pensando xa na época estival.

A primeira actuación non contemplaría ningún achegue de area, xa que en principio prevese achandar a superficie cos áridos que se foron sedimentando por distintos puntos da zona. Xa en maio, si se espera transvasar algo de area de áreas próximas.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1519