Concello de Cedeira - Urbanismo
Fecha Jueves, 31 marzo a las 08:47:24
Tema PHP-Nuke


O Consello Consultivo de Galicia estuda un expediente remitido polo Concello de Cedeira no que se revisa a licenza de primeira ocupación dun inmoble local. O bloque de pisos atópase situada fronte ao auditorio e foi denunciado por irregularidades con respecto ao proxecto de obra inicial presentado no consistorio.

Segundo informa a actual corporación municipal, os feitos remóntanse á semana previa á celebración das eleccións municipais de maio do 2007. «Tan só dous días antes das eleccións, o anterior alcalde asinou a licenza de primeira ocupación contraviniendo un informe do técnico de urbanismo municipal», asegura o actual rexedor, Jose Luís Vergara Rey. Segundo o informe do arquitecto técnico, non se correspondía a obra co proxecto presentado pola construtora e no documento cualifícaa como unha obra «non legalizable».


© 2011 - La Voz de Galicia



Segundo o Concello o inmoble presenta un grave exceso de volume. O proxecto determinaba que o edificio tería catro pisos e unha baixo cuberta, pero a realidade que se atoparon os técnicos da administración ao avaliar a construción é que o inmoble esconde un piso máis. Cando o Concello iniciou fai uns meses un expediente de revisión de licenza, descubriuse que tras as escaleiras -que nun punto estaban tapiadas- había máis vivendas das permitidas.

Ademais, no proxecto estaba contemplado un garaxe con dúas portas, unha de entrada e outra de saída. Finalmente dispuxéronse sete portas, ás que non se lles pode conceder a licenza de vao permanente.

O novo informe municipal, remitido ao Consello Consultivo, revoga a licenza aprobada no 2007, que cualifica como «nula de dereito. «Dependendo do que determine o Consello, iniciaremos ou non un expediente para a reposición da legalidade, que consistirá irremediablemente en eliminar o exceso de volume excedente», explica Vergara.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1517