A voltas coa Madalena
Fecha Miércoles, 30 marzo a las 10:05:06
Tema PHP-Nuke


Carlos Gil, conselleiro técnico da Demarcación de Costas en Galicia, visitará mañá a praia cedeirense da Magdalena. Así o anunciou o alcalde da localidade, José Luís Vergara, que mostrará aos técnicos do organismo o estado do areal.

Esta praia presenta un forte desnivel, que nalgunhas zonas supera os dous metros de altura, provocado pola incidencia do mar na zona. A forza da ondada durante o temporal do pasado mes de febreiro empeorou o estado do noiro que causou a tormenta Becky. Carlos Gil visitou en novembro a vila para comprobar os danos e anunciou que redactarían un plan de recuperación desta parte do litoral.


Esta praia vese afectada cada ano polos estragos dos temporais e desde o goberno local queren buscar unha solución que protexa o areal a longo prazo. Desde o Concello aseguran que cada ano Costas inviste preto de 300.000 euros en recuperar a praia local, unhas cifras «astronómicas» que esixen buscar outra solución para que os incidentes ocorran con menor frecuencia. Vecinos da vila suxiren construír un dique natural na praia como unha defensa natural ante futuros temporais.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1516