Arqivada a querela interposta contra un Policía Local da Vila
Fecha Sábado, 26 marzo a las 07:33:06
Tema PHP-Nuke


O xulgado de Instrución número 1 de Ortigueira arquivou a querela interposta contra un policía de Cedeira que lle acusaba de falsear un documento oficial relacionado cun incendio acontecido nunhas naves industriais no ano 2006.

O sinistro ocorreu no mes de xuño no polígono industrial da Xunqueira. O lume destruíu unha nave alugada polas empresas Mobles García e Pinturas Rama. O problema produciuse cando os informes realizados pola policía Local, Garda Civil e o oficial do Concello non se puñan de acordo á hora de establecer se o incendio tivo a súa orixe nuns colectores do servizo de recollida municipal ou das propias empresas. Un dos empresarios afectados emprendeu accións penais contra o axente de policía ao considerar que falseou o documento.


Na sentenza recoñécese que existen vestixios que indican a existencia do colector e declara que non existe delito na actuación do axente.

Lin: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1513