Concello de Cedeira - TSXG
Fecha Jueves, 24 marzo a las 08:55:36
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira recibiu nos últimos días un requirimento xudicial no que se insta ao consistorio a facer valer a sentenza do TSXG de outubro de 2010 na que se ordenaba a derriba dunha vivenda de rúa María Auxiliadora, no paseo da Magdalena. A decisión xudicial baséase en que a vivenda en cuestión, que recibiu licenza urbanística a escasos días das pasadas eleccións municipais "gobernando entón o Bloque en coalición co PSOE", vulnera varios preceptos do ordenamento xurídico. Así mesmo, a licenza en cuestión outorgouse a pesar de emitir un informe desfavorable por parte dos servizos urbanísticos municipais.
Na referida sentenza constátanse varias anomalías como que a vivenda non se axusta á licenza de obra, tamén conta cunhas medidas superiores ás previstas, alterando ata as dimensións do camiño público no que se asenta.
O Concello debe facer valer a orde xudicial e instar aos propietarios do inmoble a que repoñan a legalidade nos terreos, é dicir, a derrubar a vivenda coñecida como a "media casa". De non levar a cabo a demolición, o Concello poderá impor as preceptivas multas e, en última instancia, actuar de forma subsidiaria e executar a derriba.


© 2011 - Diario de Ferrol


Consecuencias

Preguntado por este asunto, o alcalde de Cedeira, José Luís Vergara, lamentaba que unha vez máis deban asumir os erros de xestión de anteriores gobernos municipais durante o seu mandato. O rexedor cedeirense recordou que durante estes catro anos xa deberon facer fronte a outras irregularidades urbanísticas, debendo abonar 250.000 euros dunha sentenza do TSXG polas obras do polideportivo municipal, executadas en 1987 pola empresa Padín, que denunciou diferenzas entre o prezo de adxudicación da actuación e o custo real da mesma.
Vergara teme agora que ao ser o Concello quen concedeu licenza de obra deban asumir unha nova multa. O primeiro edil cifrou nuns 300.000 euros os posibles gastos.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1512