Pol. Ind. A TRABE . Concello de Cedeira
Fecha Martes, 22 marzo a las 12:20:02
Tema PHP-Nuke


Comezan as obras da primeira nave que se instalará no polígono cedeirense da Trabe. Trátase da empresa Galician Audio Research S.A., con sede en Vigo que está especializada no mundo do son e a fábrica de equipos de altofalantes, electrónica e software da marca W&DB.

Onte achegáronse ata o lugar representantes da firma, a empresa construtora e membros do Concello para asinar a acta de reformulo coa que se oficializa o inicio das obras. Desde a empresa estiman poder comezar a operar a finais do 2011.




A firma investirá seis millóns de euros nun proxecto que está dividido en dúas fases. O primeiro período comprende a construción das naves e a zona de fábrica e a segunda parte do proxecto constitúe a dotación de maquinaria para crear un laboratorio de son na nave. As novas instalacións terán unha extensión de preto de catro mil metros cadrados e a firma estima crear ao redor de cincuenta postos de traballo só coa primeira fase do proxecto.

Esta empresa converterase na primeira das seis entidades que prevén instalarse no polígono cedeirense.

Planta de biomasa

Hoxe reúnese o alcalde de Cedeira, Jose Luis Vergara Rey, cos representantes da empresa AGDS, unha firma que pretende instalar unha planta de biomasa no polígono cedeirense. Esta nave converterase na primeira planta de cogeneración enerxética con biomasa forestal local en Cedeira.

A empresa prevé instalar no parque unha nave de ao redor de 900 metros cadrados que estará acompañada dun invernadoiro climatizado que aproveita a calor procedente da planta. O proxecto estima a creación de dous postos de traballo no invernadoiro, once postos na planta de enerxía e outros nove postos derivados do contrato de compra de 14.000 toneladas de madeira ao ano aseguradas coas cooperativas de madeira locais.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1510