Morreu o Dr. Daniel Freire Rodríguez
Fecha Miércoles, 25 marzo a las 08:11:13
Tema PHP-Nuke


O pasado domingo finou na Coruña o médico cedeirés Daniel Freire que exercera no Servizo de Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo do Complexo Hospitalario Universitario (Juan Canalejo) da capital da provincia.
Para todos os que o coñecimos e tivemos a sorte de ser seus amigos, fóisenos unha persoa afable, amiga, cercana, solidaria e disposta a axudar no ambito no que el se desenvolvía.
Daniel Freire, porteiro do Club Arena, foi un gran deportista, na súa xuventude tamén se adicou á natación. boxeo,etc. Pero, a Parca, envexosa da felicidade de Daniel e María Antonieta, arramploulles co fillo e, non contenta, quixo levar ó pai o pasado 22 deste mes. 
O martes celebrouse o funeral pola súa alma. A igrexa abarrotada; a dona de Daniel, María Antonieta desconsolada e toda a familia, abatidos pola perda; no templo só os acordes do coro que coa interpretación do salmo "O Señor é o meu Pastor" e "La muerte no es el final", fixo vibrar de emoción ós asistentes.
Agora unha intimidade, Daniel. Supoño que estarás onde che corresponde, porque fuches bo home, mellor dito "fuches bon rapas" (como dicía o noso común amigo Fernando Arribí); vou a dicirche que, cando estaba entoando o canto do ofertorio, véuseme ó maxín escomezar aquela canción que tanto temos cantado e que tanto che gustaba, a "López Pereira":
  • Yo quisiera olvidarte,
     me es imposible,
     mi bien, mi bien,
    tu imagen me persigue...

  • Amigo, descansa en paz


    J. Antón Suárez Aneiros, Director da CP. Virxe do Mar


Link: JASA






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=151