Esquerda Unida - Concello de Cedeira
Fecha Lunes, 21 marzo a las 07:40:10
Tema PHP-Nuke


Esquerda Unida considera necesario que se relance o feirón municipal no casco antigo da vila, "de xeito semellante a como se fixo na súa implantación vai para algo máis dunha década", apuntan desde a formación.
Segundo expresan, o cambio de localización ao paseo marítimo e a celebración de feira con carácter quincenal "non supuxo avance algún, todo o contrario, a afluencia de público e veciños foi reducíndose ata mínimos que poñen en dúbida a permanencia do feirón", aseguran.
Esquerda Unida asegura que en recentes encontros con vendedores ambulantes constataron que as queixas pola escaseza de público e das baixas vendas son unha realidade.

Ante todo isto, desde Esquerda Unida demandan un cambio na política municipal no relativo a este asunto e reclaman o traslado da cita comercial ao casco histórico, onde se celebraba antes.
Precisamente, o Concello estuda estes días, a proposta dos veciños, primeiro, e dos comerciantes, despois, como apuntou o alcalde, a posible recolocación do feirón.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1509