SGAE - Concello de Cedeira
Fecha Jueves, 17 marzo a las 07:49:50
Tema PHP-Nuke


A reclamación que mantén a Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) contra o Concello de Cedeira non é o único procedemento administrativo aberto pola sociedade na comarca polo pago dos dereitos de autor. No caso de Cedeira, o Concello acaba de remitir á organización toda a información relacionada cos orzamentos de gastos das actividades culturais desenvolvidas polo goberno municipal desde xaneiro do ano 2005 ata outubro do 2009.

«É moi difícil recompilar tanta información logo destes anos», explica o alcalde da localidade, Jose Luís Vergara Rey. O obxectivo do Concello é poder chegar a un acordo coa SGAE na forma de pago. Ademais, como Cedeira pertence á Federación Española de Municipios e Provincias, poderán acollerse ao convenio asinado entre a federación coa SGAE polo que se rebaixa a porcentaxe total dos dereitos ata un 25 por cento.


O primeiro edil lamenta que esta situación poida concluír nun retraimiento por parte dos Concellos á hora de contratar agrupacións. Dependendo da actividade cultural que se organice, a entidade deberá pagar unha porcentaxe do orzamento total da actividade á sociedade de autores. Esta cifra oscila entre o dez e o sete por cento, e se se trata dunha actuación dramática, a porcentaxe delimítao o propio autor da obra. «E cando a banda de música municipal toca unha composición de Beethoven, tamén nos cobran? Para quen son os dereitos?», ironiza Vergara.

Segundo informa o rexedor, esta situación xa vén de antes. «Mantivemos un xuízo polas festas do ano 2003, e tivemos que pagar parte da reclamación imposta entón pola SGAE», recorda Vergara. O edil puntualiza que esta situación abarca un período con dúas corporacións distintas no goberno e logo de tantos anos de reclamacións «é necesario chegar a un acordo».

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1505