SGAE - Concello de Cedeira
Fecha Miércoles, 16 marzo a las 07:57:02
Tema PHP-Nuke


A Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) solicitou ao Concello de Cedeira os orzamentos de gastos da actividade cultural xerada polo Concello desde xaneiro do 2005 ata outubro do 2009. A entidade esixe unha porcentaxe polas actividades que estean suxeitas á lei dos dereitos de autor e que desde o goberno non fixeron efectivo.

Segundo explican desde a SGAE, cando un organismo, un particular ou calquera entidade pública organiza un evento cultural suxeito á lei de dereitos de autor, deben porse en contacto previamente coa sociedade para custear eses dereitos, que se remiten logo aos autores das obras culturais.

No caso concreto do Concello de Cedeira, segundo indican fontes da sociedade de autores, non custearon os dereitos de catro anos, que agora son reclamados. O organismo recibiu onte os informes municipais que xa están sendo estudados polo gabinete xurídico da sociedade.

Un balance de cada actuación

Canto termine este proceso administrativo de estudo, a SGAE solicitará á administración local unha cantidade que varía en función do orzamento de cada actividade cultural. Por exemplo, polo repertorio dunha orquestra durante unha verbena popular, o Concello deberá pagar á entidade un sete por cento do orzamento total da actuación. A sociedade repartirá esta cantidade entre os autores das cancións que haxa versionado a orquestra.

Cando se trata do concerto dunha banda pop ou rock, esta porcentaxe ascende ao dez por cento. E no caso de que o municipio organice unha actuación de teatro ou baile, é o propio autor da obra o que establece previamente no contrato a porcentaxe que debe recibir polos dereitos de autor.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1504