Concello de Cedeira - ENTROIDO 2011
Fecha Miércoles, 16 marzo a las 07:54:15
Tema PHP-Nuke


O alcalde de Cedeira, José Luís Vergara, entrevistouse o luns cun grupo de hostaleiros da vila que lle manifestaron o seu descontento pola forma en que se organizaron os entroidos deste ano. Ao parecer, este grupo de veciños considera que o lóxico fose realizar os festexos como tradicionalmente viña facendo, é dicir, unha festa destinada ao público adulto o sábado de Entroido e outra dirixida ao colectivo infantil para a xornada do luns. Vergara Rey comprometeuse a trasladarlle as queixas ao responsable da área municipal de Cultura, Xermán Tobío, que foi o encargado de organizar os actos.

Por outra banda, o alcalde aproveitou este encontro para coñecer a opinión deste grupo de persoas sobre a posibilidade de cambiar a localización actual da feira bimensual, no paseo marítimo, segundo solicitoulle días atrás un grupo de cincuenta empresarios, manifestándose de acordo co cambio, algo que o Concello está estudando.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1503