"En castellano no hay problema"
Fecha Sábado, 12 marzo a las 07:52:50
Tema PHP-Nuke


 

Presentación en Cedeira do libro:
"En castellano no hay problema"
 polo seu autor Carlos Callón.



Venres 18 de Marzo ás 19:30
no "Palacete Municipal".
Avenida Castelao.










Carlos Manuel Callón Torres.
(26 de agosto de 1978 Santa Uxía de Ribeira).
Licenciado en filoloxías galega e portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e  profesor de secundaria. Posgrao na Universidade de Vigo sobre dirección e xestión de organizacións non lucrativas. A pouco de terminar a súa terceira carreira, filoloxía románica.
Membro do grupo Galabra da USC e do Consello de Redacción de Longalingua. Publicación galega de lingua e sociedade. Así mesmo, colaborador nos primeiros pasos da Biblioteca Virtual Galega da Universidade da Coruña.
Ten publicado Unha historia que nos pertence: A obra poética en galego de Lorenzo Varela (2005) e En castellano no hay problema (2010). Tamén ten publicado diversos textos de investigación sobre Rosalía de Castro, Fermín Bouza Brey, Eduardo Blanco Amor, Manuel Curros Enríquez... a poesía galega medieval e diversos aspectos sociolingüísticos.
Gañador do primeiro premio de Teatro Internacional Lauro Olmo (1996), o segundo do certame de relatos Repsol (1996) e o segundo de poesía do Francisco Fernández del Riego (1997).
Desde 1995 é membro da xunta directiva nacional da Mesa pola Normalización Lingüística  e desde o  2002 é o presidente da asociación.
Preside tamén a Fundación Via Galego e a federación estatal Diverslinguae . Así mesmo, de 2008 a 2010 presidiu o Comité de Estado da Axencia Europea das Linguas Minorizadas. Foi membro por designación parlamentar do Consello Asesor de RTVE en Galiza e, en funcións, do Consello Asesor da RTVG.
Participou na redacción do Plan xeral de normalización da lingua galega, promovido polo Goberno galego e aprobado por unanimidade do Parlamento en setembro de 2004.
Colabora  con regularidade en varios periódicos galegos, mantén seccións fixas sobre lingua na Radio Pobra e en Radio Obradoiro. Tamén colabora con críticas de libros ou escénicas para A Nosa Terra e Tempos Novos.
Desde novembro de 2008, publicou todas as segundas feiras unha páxina completa de opinión no diario Galicia Hoxe, so o nome “Por navegar ao desvío”.

 






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1492