Prazo para solicitar unha praza
Fecha Miércoles, 09 marzo a las 11:55:15
Tema PHP-Nuke


A Consellería de Traballo e Benestar vén de abrir hoxe o prazo para solicitar unha praza en 126 escolas infantís da Xunta de Galicia, integradas todas elas na Rede Galiña Azul. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe os requisitos e procedementos para solicitar as prazas. A resolución cos prazos e o lugar de presentación das instancias poderá consultarse a través da web www.escolasinfantís.net ou no propio centro onde se queira matricular ao neno ou nena.

Ás 126 escolas hai que sumarlles dúas máis que tamén forman parte da Rede Galiña Azul, aínda que a convocatoria que anunciará o comezo do proceso de matriculación sairá publicada no DOG a mediados do próximo mes de abril, xa que son dous centros con prazas reservadas para traballadores da Xunta. Trátanse das escolas infantís da Estrela, en Vigo, e a do Complexo Administrativo da Xunta, en Pontevedra. A escola de Vite, en Santiago, incluirase en ambas ordes de convocatoria, xa que este centro conta con prazas para traballadores da Xunta e para os que non o son.
En total, a Rede de Escolas Infantís Galiña Azul da Xunta incluirá o vindeiro curso nove centros máis que o pasado ao contar coas novas escolas abertas nos últimos meses en Eirís e Monte Alto, na Coruña, Valadares, en Vigo, Tras Parlamento, en Santiago, e A Parda, Campus Universitario e Complexo Administrativo da Xunta, en Pontevedra, así como as de Sada e Mos Coto-Torrón, que abrirán proximamente.O total de prazas nas 128 escolas da Xunta para o mes de setembro ascende así a máis de 7.500, o que supón 634 prazas máis que ao comezo do presente curso. Por provincias, a oferta é de 2.647 prazas na Coruña, 824 en Lugo, 1.083 na provincia de Ourense e 2.959 en Pontevedra.Ademais destas prazas, a Xunta traballa na posta en marcha doutras escolas infantís durante o ano 2011, as de Ames-Bertamiráns, Betanzos, Carnota, Coirós, Coristanco, Curtis, Fisterra, O Pino, Sobrado dos Monxes, Alfoz, Baralla, O Incio, Vilalba, A Merca, Cartelle, Oimbra, Verín, Sanxenxo e Vigo. Os procesos de matrícula para eses centros abriranse a medida que se concrete a data definitiva de entrada en funcionamento.Xunto a esas máis de 7.500 prazas da Rede A Galiña Azul ofertadas neste prazo ordinario de matrícula, as previsións son rematar este ano 2011 superando as 8.300 prazas. Dende o comezo da lexislatura, cando a oferta en centros 0-3 era de 5.424 prazas, o Goberno galego leva xa creadas máis de 2.000 novas prazas en escolas infantís. O obxectivo da Consellería de Traballo e Benestar é crear un total de 4.500 novas prazas en escolas infantís nesta lexislatura.

Total de prazas públicas

En total, as prazas públicas sostidas con fondos públicos superan as 16.100 en Galicia, xa que ás 7.500 que forman parte da Rede Galiña Azul hai que sumarlles as 1.200 prazas que se financian con cheque infantil, as 3.000 que se subvencionan de escolas dependentes de entidades privadas de iniciativa social e as máis de 4.800 prazas que a Xunta financia en escolas infantís municipais.

Link: XONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1490