A maior fábrica de mudanza climática do Estado
Fecha Martes, 24 marzo a las 17:40:55
Tema PHP-Nuke


"Aquí comeza a mudanza climática". Perante unha faixa con este lema manifestáronse os activistas da asociación ecoloxista Verdegaia diante das centrais térmicas de carbón e de gas natural das Pontes. Denunciaron así as súas elevadas emisións de dióxido de carbono, o principal gas invernadoiro causante das alteracións climáticas. Segundo denuncian, esta central térmica é "a maior fábrica de mudanza climática do Estado Español, xa que emite ela soa máis CO2 que toda Navarra ou Estremadura.

As estatísticas son alarmantes: no período 2005-07, a fábrica das Pontes emitiu unha media anual de 9,12 millóns de toneladas de dióxido de carbono, é dicir, máis que o a*****ulado por todo o sector do transporte galego (6,9 millóns). Pero é que ademais, xunto coa central de carbón de Meirama, esta cantidade representa 37% das emisións totais de Galiza. En 2006 (último ano para o que se dispón de datos oficiais) as emisións de gases invernadoiro por habitante foron de 12,4 toneladas, fronte ás 9,9 do Estado e as 10,4 da Unión Europea.

Demandas para o futuro
Verdegaia exixe o peche das centrais térmicas de carbón das Pontes e de Meirama, ás que acusan de seren ineficientes e moi impactantes: dunha banda pola emisión de CO2, e da outra pola contaminación local por partículas e gases acidificantes. Ademais, fan fincapé nos danos ambientais producidos pola minería de carbón, o combustíbel fósil máis contaminante que, na súa opinión, debe ser substituído polo aforro e polas enerxías renovábeis. Só deste xeito, din, é posíbel unha política enerxética sustentábel que reduza o consumo galego e as exportacións de electricidade.

Link: VIONLline






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=149