Gonzalo Doce atribúe a súa marcha de TEGA á "falta de
Fecha Domingo, 06 marzo a las 08:06:26
Tema PHP-Nuke


A decisión tomouse o pasado venres pero o levaba meditando un tempo. O edil de Urbanismo e Turismo de Valdoviño, Gonzalo Doce, recoñeceu estar sorprendido polo feito de que se coñecese xusto un día antes de que el mesmo oficializase a súa postura "onte"a súa intención de abandonar as filas de TEGA ao termo do mandato. "Era algo que tiña pensado comunicar hoxe "por onte", porque me gusta deixar as portas abertas", asegurou. Seguindo o ronsel iniciado en Valdoviño polo tamén edil de TEGA Antonio Montero, Doce recoñeceu que "non comulgo con algunhas persoas que están aí".

Gonzalo Doce apuntou que non comunicou á dirección do partido a súa decisión "porque de momento estou aquí". Con respecto a informar da súa postura ao secretario xeral de TEGA, Xermán Tobio, o edil valdoviñés incidiu en que "con ese señor non vou falar para nada, teño unha dirección do partido á que remitirei a miña baixa no seu momento".


A decisión está tomada e as razóns son varias. Ademais das diferenzas xurdidas coa actual directiva "o secretario xeral do partido é actualmente o edil de TEGA en Cedeira Xermán Tobío", Doce asegurou en que a formación "carece de ideoloxía". "É un partido mudo, roto, sen a liña que se marcou ao principio, e eu non me vía desde fai un tempo entre as súas filas", explicou o edil. Este criticou ademais o traballo que actualmente se realiza desde TEGA onde, asegurou, "non hai crítica, nin protestas, nin mocións".
No que respecta ao municipio no que formou parte das listas de Terra Galega nas pasadas eleccións municipais de 2007, Doce incidiu en que "gustaríame que se continuase traballando nunha mesma liña, unificando criterios en temas como o Plan Xeral de Ordenación Municipal, co consenso de todas as forzas políticas do concello". É por iso que tamén anunciou que "se me vou do escenario político, gustaríame que a mesa de seguimento do plan de urbanismo continuase traballando como o veu facendo desde que se creou ata agora".
Sobre a súa continuidade na vida política local, o concelleiro de Urbanismo indicou que terminará o presente mandato e, chegado o momento, cando se convoquen eleccións, "definireime se é que nese momento teño claro que quero continuar na vida política". O edil non descarta seguir traballando activamente en política e xa anunciou que, no caso de facelo, "será cunha forza política municipalista, onde os líderes teñas as cousas máis claras e cuxo único interese sexa o concello e a defensa dos intereses de todos os veciños".
Doce non aposta pola continuidade de Terra Galega como forza política en Valdoviño, onde polo momento, tan só a alcaldesa, Isabel Álvarez, non ha oficilizado a súa postura de face ás eleccións do 22-M. O concelleiro de Urbanismo asegurou crer que TEGA non se presentará aos comicios de maio, aínda que apuntou que algunhas fontes do partido confían en formar unha candidatura. "Se cadra nos sorprenden", indicou.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1488