Día Mundial das Enfermidades Raras
Fecha Martes, 01 marzo a las 11:30:52
Tema PHP-Nuke


A Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec) celebrou o pasado domingo en Cedeira a única sesión informativa que se desenvolveu na comarca con motivo do Día Mundial das Enfermidades Raras. A vicepresidenta da entidade, a cedeirense Estrela Sixto, destacou a boa disposición do alcalde de Cedeira, José Luís Vergara, os membros da corporación e demais servizos municipais que colaboraron con ela en todo momento para poder montar a "caseta" informativa.


© 2011 - Diario de Ferrol


Como se recordará, a mesa instalouse á beira dos postos do mercadillo bimensual e na mesma estiveron presentes, ademais de Estrella Sixto, responsables dos colectivos sociais da vila, que se implicaron de cheo no proxecto. Así, colaboraron con Fegerec a Asociación Sobre Rodas, a Sociedade Deportiva de Cedeira, a Asociación de Amas de Casa e Vida Ascendente, ademais do Colexio de Farmacéuticos de Galicia (Cofaga) que colgou folletos informativos nas farmacias e entregou bolígrafos á asociación para a súa posterior venda e colaborar así coa investigación das enfermidades raras.
Estrella Sixto destacou a boa acollida dos cedeirenses a esta campaña informativa.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1484