Concello de Cedeira . Portos de Galicia
Fecha Viernes, 25 febrero a las 10:37:58
Tema PHP-Nuke


O portavoz do Partido Popular de Cedeira, e candidato ás eleccións do 22 de maio, Leopoldo Rubido, entrevistouse onte co titular de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, para interesarse polos investimentos previstos polo ente público na vila mariñeira así como a futura obra de abrigo da lámina pesqueira, anunciada días atrás pola administración autonómica. O titular de Portos recordou a Rubido que o ente que preside asumirá a construción da prolongación do dique de abrigo en 225 metros, mellorando as instalacións existentes e permitindo a creación de máis pantaláns.

Portos confirmou a Rubido que este mesmo mes sacarase a concurso a concesión para a construción e explotación do porto deportivo, como xa se adiantou días atrás neste xornal ( Diario de Ferrol ).

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1480