Día Internacional das Enfermidades Raras
Fecha Jueves, 24 febrero a las 07:53:27
Tema PHP-Nuke


Cedeira será o escenario dunha serie de actos conmemorativos do Día Internacional das Enfermidades Raras, que se conmemora o vindeiro luns 28.
Estrella Sixto, afectada por unha destas doenzas "Ataxia" e presidenta da Asociación Galega de Ataxias (AGA) e vicepresidenta de Fegerec (Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas), é a encargada de organizar os actos que se desenvolverán na vila cedeirense o vindeiro domingo, coincidindo coa celebración do mercadillo bimensual. En toda a Comunidade instalaranse un total de 34 mesas informativas, a única da comarca estará en Cedeira.
Con estas casetas informativas búscase concienciar á xente da existencia dun colectivo "esquecido pola sociedade", como sinalaba Estrella Sixto.

A presidenta de Fegerec tamén solicitou a colaboración dos centros educativos do municipio, desde onde achegarán o seu gran de area concienciando aos menores do problema que sofre este colectivo. Tanto o Concello como as entidades sociais da vila colaboran coa iniciativa.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1477