A Peixeira
Fecha Miércoles, 23 febrero a las 20:59:32
Tema PHP-Nuke


Portos de Galicia encargou un estudo técnico da coñecida como Rocha do Pericoto, en Cedeira, para reforzar a súa estabilidade co fin de situar de novo alí a escultura da Peixeira.

Un equipo de enxeñeiros visitou esta mañá a zona para avaliar as solucións posibles de face a garantir a firmeza da roca, de modo que poida volver sustentar a obra escultórica.


© 2011 - Dreso - Flirck


A figura, que rende homenaxe ás mulleres dos pescadores, foi instalada na roca en 1985. Con todo, no ano 2007, a confraría de pescadores alertou do perigo que supuña tal emprazamento tras producirse varios desprendementos. Entón, A "Muller Mariñeira" -titulo orixinal da peza creada polo fenés Guillermo Feal- foi retirada e trasladada ao paseo marítimo da vila, sempre co compromiso de devolvela ao seu lugar orixinal unha vez tomadas as medidas oportunas.


Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1476