Detido por roubo dun bolso polo método do tirón
Fecha Martes, 22 febrero a las 19:48:14
Tema PHP-Nuke


Axentes da Garda Civil da localidade coruñesa de Cedeira detiveron a un veciño do municipio como presunto autor do roubo dun bolso polo método do tirón a unha octoxenaria, que resultou ferida leve durante o asalto.

Segundo informou o Instituto Armado, o individuo sorprendeu a unha octoxenaria que camiñaba pola localidade e subtraeulle o bolso polo método do tirón. Como consecuencia do asalto, ocorrido o pasado día 15 de febreiro, a anciá caeu ao chan e sufriu lesións de carácter leve.


Tras a detención do imputado, un home veciño da zona, os feitos foron postos en coñecemento do Xulgado de Instrución de Ortigueira (A Coruña).

Link: ODCONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1475