UPG, FPG e un sector de pola Base alíanse
Fecha Lunes, 23 marzo a las 09:33:34
Tema PHP-Nuke


O actual secretario xeral da CiG, Suso Seixo, ten todo o vento a favor para liderar outros catro anos o sindicato nacionalista. Nas últimas semanas, a Unión do Povo Galego (formación á que pertence Seixo) está a traballar para lograr un acordo coa Corrente Sindical de Esquerdas (próxima á Fronte Popular Galega e capitaneada por Miranda Vigo) e co sector de Movemento pola Base que lideran Manuel Mera, Antolín Alcántara e Ramiro Oubiña, (que agora se denomina Movemento Galego ao Socialismo). Aínda que non están definitivamente pechadas, fontes consultadas por Vieiros recoñecen que as negociacións para a conformación desta maioría están xa moi avanzadas.

Fóra desta maioría sindical fican polo momento o 'Colectivo 10 de Marzo' (encabezado por Bautista Vega) e o sector que fica finalmente coas siglas de Movemento pola Base (liderado por cadros sindicais como Paulo Rubido e López Pintos). De feito, estas dúas correntes en minoría poderían pórse de acordo para, cunha lista conxunta, poder ter presenza na Executiva Confenderal. Aínda que agora semella pouco probábel, tampouco se descarta que, a última hora, poida haber unha candidatura unitaria que integre todos os sectores ideólóxicos que conforman a CIG.

En total, serán algo máis de 600 os delegados que debatan as teses políticas e que elixan os novos órganos de dirección os vindeiros días 20 e 21 de xuño en Compostela. Escollidos en asembleas sectoriais e comarcais, representarán os 60 mil afiliados cos que conta a central sindical (a maior estrutura nacionalista existente no país).

Na actualidade, a Executiva Confederal está composta por: Suso Seixo (UPG); Ramiro Oubiña (pola Base); Elvira Patiño (UPG); Antolín Alcántara (pola Base); Carmen López (UPG); Manuel Currás (ex Unidade Galega); Mar Peteira (ex Unidade Galega); Manuel Mera (pola Base); Francisco Miranda Vigo (Corrente Sindical de Esquerdas); Fernando Sabio (UPG); e Bautista Vega (Colectivo 10 de Marzo).

Link: VIONLIne






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=147